17.3.05

Uns máquinas

Son do que non hai. Vintecinco anos despois seguen aí dándolle sentido ao seu discurso ininterrompido. Os coches seguen sen voar, non imos de vacacións a Marte e as tostadoras aínda non saben dar os bos días pero eles seguen a confiar na máquina. Poden gustar ou non gustar pero non hai dúbida de que son coherentes. Son ciencia ficción musical.

6 Comentarios:

At 12:18 p. m., Anonymous Anónimo said...

Ola Disque! Gustoume como pechas o tema da liorta na de Jaureguizar, e paréceme que dis cousas ben interesantes e construtivas.

No que comentas de que quizais ao crítico lle jode que o critiquen fáltache un dato: o tal Cesare traballa en Vieiros, e daquela a quen critica na de Jaureguizar ("as críticas positivas son con diferencia as peores") é aos seus propios compañeiros.

 
At 12:39 p. m., Blogger Disque said...

Agradezo o teu comentario Cartafoleiro. Intentei expor a miña opinión do xeito máis construtivo posible. Alégrame que o vises así.

No tocante ao do Cesare, o seu comentario foi moi ambiguo (creo que a propósito) e non o lin como unha crítica. Creo que os seus compañeiros si que o fixeron e iso iniciou unha cadea de desencontros entre eles. Eu non levantaría o teléfono para pedirlle explicacións a un compañeiro por un comentario coma ese, ao mellor se o comentario fose outro non che digo que non o faría. De todas maneiras está claro que ao Cesare tampouco lle gustou a chamada. Pero eso queda entre eles e, como xa dixen na de Jaure, non ten porque menoscabar a calidade do Cartafol.
Un saúdo

 
At 1:41 p. m., Anonymous Anónimo said...

Eu penso que os trapos sucios deberan lavarse na casa, pero bueno...

Chámame a atención que digas (antes de que empezara a liorta na do Jaure) que a novela sexa o xénero viaxeiro e o conto o xénero doméstico. Eu penso que é xusto ao contrario, e que as interrupcións propias das viaxes fan que se agradezan os textos breves, mentes que na casa tes todo o tempo do mundo para ler. Eu os grandes novelóns tipo Julio Verne, Señor dos Aneis, etc. papeinos todos na casa en tardes memorables nas que non me movín da cama/sofá. En cambio, todas as novelas que levei de viaxe, volveron sen acabar, e mesmo había veces que tiña que ler o principio 4 ou 5 veces. No sei como o ves ti...

 
At 2:21 p. m., Blogger Disque said...

Este blog ha sido eliminado por un administrador de blog.

 
At 2:25 p. m., Blogger Disque said...

Tes toda a lóxica no que dis e debera ser así respecto á novela e ao relato, pero a miña experiencia dime o contrario.
A xente que eu coñezo que viaxa moito (pero moito) en avión , por exemplo, xa ten un tipo de libros "de aeroporto" din algúns e outros din "de avión" que son os que levan de viaxe. Son novelas case sempre, escasas veces relato curto. Non son obras de excesiva profundade nin complicación pero alimentan necesidades lectoras, véndense e espállanse. Se vas unha cidade grande e méteste no Metro tamén verás a moita xente lendo libros no seu traxecto cotián. De fixarte nas obras verás que son novelas case sempre (a calidade é outro tema). A realidade empírica, desde a miña experiencia e esa.

 
At 2:46 p. m., Anonymous Anónimo said...

Eu penso que a resposta pode estar en que esa xente á que te refires realiza unhas viaxes rutinarias, sempre ao mesmo destino, mesma hora, etc. de xeito que coñecen de antemán as pausas que van ter e as aproveitan. E o mesmo para o metro. De todos os xeitos, o tipo de literatura que se empregue neses casos debe de ser de "tipo plano", é dicir, que admita interrupcións sen moito problema. Eu penso nos casos en que estaba todo concentrado a ler un libro que me tiña enganchado, e mesmo pasaba sen comer porque non "podía" interromper a lectura. Se me vise obrigado a facer esas interrupcións por mor dos transbordos, etc. dos medios de transporte, deixaría a lectura para a casa, porque non a disfrutaría. Quizais a solución sería un ipod deses cheo de audiolibros.

 

Publicar un comentario

<< Home