20.4.05

Afastamento

Por cuestións que non veñen ao caso hai tempo que non frecuento cines ou teatros nin salas de concertos. Tamén hai tempo que non vou a presentacións de libros nin exposicións, en definitiva: levo meses desconectado da faciana social da vida cultural. O resultado é un achegamento máis individual á cultura en vez de facelo en compaña de outros. Vexo o cine na casa, escoito música tamén na casa ou no coche ou a través dun reprodutor individual. A arte véxoa nos libros ou na pantalla da computadora. A literatura, que dicir da literatura, leva tempo sen ser comentada con ninguén pola miña ausencia nas principais reunións e tertulias.
Polo tanto as miñas opinións quedan comigo, vivindo felices sen máis movemento que algunha actualización automática pola miña parte ao darlle voltas ao que xa sei aguilloado por novas percepcións.
O ser humano é un ser social pero a arte e a cultura son feitos de gran individualidade creativa. Pese á rapidez e vertixe dos tempos achegarse ás creacións culturais desde a nudez da soidade, confrontarse con elas individualmente e con tempo para súa degustación e pouso, é unha actitude que reporta grandes beneficios ao espírito e aporta transparencia ao feito sempre subxectivo da valoración. Alén diso, se non hai máis remedio que facelo así sempre haberá que buscarlle a parte boa. Ou?
Por certo, pódese vivir sen todo iso.

2 Comentarios:

At 12:41 a. m., Blogger hojasdehierba said...

Ben, dende o momento en que algúns lemos ás súas opinións con atención, xa non quedan de todo para sí ¿non? ;-).
Saúdos.
Hai cada

 
At 11:01 a. m., Blogger Disque said...

Ten vostede parte de razón, máis os meus comentarios na rede son un anecdótico feito peninsular conectados por unha liña cun afastamento continental :-)

 

Publicar un comentario

<< Home