26.1.05

Comezamos

Sen pensalo moito, senón non o fago, comezo a publicar neste weblog. Sinto unha esquizofrenia circundante arredor como un lobo uliscándome. Pode non ser real pero non deixa de ser unha pésima sensación que non debería ter nunha situación de normalidade. Claro que non é correcto dicir normalidade, e aínda peor, non é verdade.
Gustariame dicir "Ola", dicir "Veña, adiante", dicir "Ben". Pero tampouco semella correcto nada diso. Por desgraza eu non che son nada correcto así que... Ben, aquí estamos. Ola, benvidos. Veña, adiante a partillar.