2.2.05

Non hai tempo

Disque non hai tempo xa para nada. Admiro e compadezo (se tal contradición é posible) a eses que semellan estar en todos os sitios, metidos en todas as leas, asinando todos os manifestos, sempre cunha opinión na boca. Admíroos pola súa administración do tempo para participar en todas esas cousas, compadézoos pola de cousas marabillosas que perden, cousas necesarias de vivir e experimentar para liderar algún tipo de cambio, algunha revolución. O que ocorre é que son demasiadas cousas aquelas entre as que hai que facer a escolla, priorizar.
O máis importante, a experiencia necesaria, nunca ocorre no terreo do público, ten lugar no espazo privado, no íntimo, por iso esto de intrenet non é tan importante, nin o é a terra, nin o colectivo. De ser iso o máis importante para a xente, a boa xente xa tería cambiado o xeito en que as cousas son. E non é así, polo tanto a ecuación non falla e ocorre que o máis importante non é o que ocorre con todos, é o que ocorre con un.
Non son amigo de botar enriba tarefa épica ningunha, nin abanderar unha ou outra revolución. Máis ben son quen de facer a miña revolución persoal e intransferible sen lembrarlle ao veciño que el non está a facer a súa. E esa parte é a máis dificil: non mirar para o que fai o veciño. Aí as veces cágoa, como todos.